Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

San Lorenzo de Aguiar celebra as súas festas esta fin de semana

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

A parroquia de San Lorenzo de Aguiar, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas esta fin de semana. 

O sábado ás 13.30 darán comezo as celebracións cunha misa solemne para continuar cunha sesión vermú a cargo do grupo D’Nika. 

Xa pola noite a verbena contará coas actuacións do grupo D’Nika e a orquestra New York. 

O domingo a misa será tamén ás 13.30 e como final de festas unha sesión vermú amenizada polo grupo Alba. 

Dende a organización informa que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.