Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei: Sen cambios para Pardo

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

O alcalde mantén a súa clara maioría absoluta de 9 concelleiros, a mesma que tiña no 2019, e o BNG segue a ser a forza da oposición máis votada con 3.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ José Pardo Lombao (PP)
◆ María Begoña Seco Varela (PP)
◆ José Yebra Amorín (PP)
◆ Pilar Méndez Lombao (PP)
◆ Jesús Fernández García (PP)
◆ María José Martínez Vigo (PP)
◆ Fermín López González (PP)
◆ Tania Díaz Seijas (PP)
◆ Luis Alfonso Trigo Fernández (PP)
◆ Xosé Ferreiro Fernández (BNG)
◆ Elvira Lombao Vila (BNG)
◆ Miguel Vieito Villar (BNG)
◆ Mª Carmen Acacio López (PSOE)

Nada cambiou en Outeiro de Rei nestes comicios municipais. O alcalde da localidade, o popular José Pardo Lombao, mantén a súa maioría absoluta coa mesma porcentaxe que no 2019 e no resto de partidos non muda tampouco a cousa.

De feito, seguen tamén os mesmos cabeza de lista que en anteriores comicios.

Así, Outeiro de Rei destacou por unha máis alta abstención, dato que se ve máis pronunciado en concellos máis poboados. Presentáronse novamente catro partidos e IDOR volveu quedar fóra con 195 votos e o 5,88% do escrutinio.

A proposta de Pardo Lombao foi a máis votada, levándose o 60%.

José Pardo Lombao, gandeiro de profesión, incorporouse á actividade política en 1983 como concelleiro polo PPdeG e en 1998 foi elixido alcalde en substitución de Antonio Varela Rodríguez. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou neste posto nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta, crecendo sempre ata o de agora. De feito, apañou moitos dos votos dos outros grupos que este ano non se presentaron, Ciudadanos e FLI.

A responsabilidade princial de frear o avance do PP estivo na man do BNG. Xosé Ferreiro foi o candidato dos nacionalistas nas últimas lexislaturas.

Mentres que a piques estivo Pardo de chegar aos 2.000 sufraxios, os nacionalistas subiron e baixaron os socialistas de Carmen Acacio, outra candidata tradicional na localidade.

Tamén aumentou lixeiramente o número de votos de IDOR, únicos independentes, que lidera José Manuel López Castro

Para o alcalde, o principal reto é seguir traballando na mesma liña e rematar proxectos en marcha como o centro BTT de Santa Isabel ou as melloras no abastecemento de auga. Quere tamén facer unha depuradora de augas residuais.