Skip to main content
A Pastoriza

O club de lectura Entre Liñas organiza unha conversa co escritor Xosé Luís Vázquez Somoza

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Xosé Luís Vázquez Somoza visitará o club.

Será este sábado 27 de maio, ás 20.30 horas no Fogar de Maeloc, para recibir ao escritor de O Conserxe.

Este libro fala da vida nun IES de nova creación que se ve alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio conserxe, co visto e prace da directora do centro, para tratar de esclarecer as circunstancias da morte da rapaza.

Son case dúas semanas de pescudas que ofrecen unha visión excitante do mundo académico, que percorre todos os ambientes, e nos que se ven implicados os diversos colectivos do ámbito educativo, desde o persoal docente, non docente, familias e a mesma sociedade.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.