Skip to main content
A Pastoriza

Vián e San Martín de Corbelle están de festas a fin de semana

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

As localidades de San Martín de Corbelle e Vián, na Pastoriza, celebrarán as súas festas patronais esta fin de semana. No primeiro son na honra a San Antón e San Martiño e xa tiveron un avance o pasado sábado coa celebración da comida veciñal.

As festas iniciaranse o sábado 3 coa misa ás 13.30 horas e a sesión vermú a cargo de Costa Dorada, que tamén se ocupará da verbena baixo o título Tour 2023 pa’que lo bailes tu. Xunto a esta estará La Fórmula en concerto, co título Mellor espectáculo 2023.

O domingo haberá misa ás 14.00 horas, procesión e dobre sesión do grupo Fénix en vermú e verbena.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e dispoñen de amplo aparcamento.

En Vián as festas son na honra á Santísima Trinidade e tamén se inciarán con misa solemne ás 13.30 horas e procesión. O grupo Fénix será o encargado da sesión vermú mentres que a verbena contará con dúas actuacións distintas ademais do Fénix, o grupo Beagtriz e Unión y Fuerza.

O domingo as festas rematarán coa sesión vermú que ofrecerá o dúo Venus trala misa, que será ás 14.00 horas.