Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

A ITV móbil agrícola estará en Pol a próxima semana

A unidade móbil da ITV estará entre os días 11 e 16 de maio en Pol para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada na praza de Galicia.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 12, que só atenderán en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.