Skip to main content
As Pontes

As Pontes: O PSOE quere repetir maioría pese a redución da corporación

Por 13 Maio, 2023Maio 14th, 2023Sin comentarios

Para As Pontes este ano haberá un cambio significativo nas eleccións de maio, xa que perderá catro concelleiros. Así, ao tramo comprendido entre os 10.001 e os 20.000 habitantes correspóndelles 17 edís. Este era, ata o de agora, o caso das Pontes. Este ano, coa referencia poboacional do 1 de xaneiro, a localidade descende na súa poboación dos 10.000 (9.974), polo que pasará de contar con 17 concelleiros como ten na actualidade –12 do PSOE, 3 BNG, 1 PP e 1 Xuntos polas Pontes– a 13. Aínda así, o PSOE, con Valentín González Formoso á fronte, aspira a renovar a maioría coa que goberna desde 2011. Na oposición, o BNG conta con nova candidata, que quere recuperar a superioridade do voto que tiña antes da etapa do actual alcalde. A terceira forza que presenta lista é o PP, tamén renovado, mentres que desaparecen os partidos independentes do panorama.

PSOE

Fíxose esperar, pero finalmente Valentín González Formoso anunciou a súa intención de renovar como cabeza de lista do seu partido á Alcaldía das Pontes, na que leva desde 2007, catro anos en minoría e logo con superioridade no Pleno.

E é que o xefe de filas dos socialistas galegos considera que As Pontes, o “complexo eléctrico galego por excelencia”, está inmerso nun proceso de transformación que necesita que todos poñan a “carne no asador” para “chegar a concretar uns proxectos” para esta localidade que “son ideas que están en tramitación pero aínda non están feitas realidade”.

Formoso compatibiliza o cargo de alcalde co de presidente da Deputación da Coruña e tamén co de líder dos socialistas de Galicia, pero como el mesmo di, “cada día percorremos 400, 500 quilómetros, sempre termino nas Pontes”.

Para o alcaldable socialistas entre os plans de futuro figura primeiro o desenvolvemento de chan industrial, a continuidade en todo o que ten que ver co desenvolvemento urbanístico da vila, a aprobación do Plan Xeral, pensando sobre todo no rural, e adoptar unha solución respecto aos maiores en canto a algunha cobertura no ámbito residencial.

Tralo anuncio do peche da central na localidade, As Pontes viviu unha complicada lexislatura na que houbo que mirar cara outras formas de compensar a política.

“Esta decisión obrigounos a estar moi atentos ás liñas de transición xusta, á redacción do convenio de transición ecolóxica co Ministerio e despois a mobilizar Roma con Santiago na busca, na facilitación e na captación de proxectos industriais na nosa vila, grandes, pequenos e medianos”, explica. Destaca tamén “a revolución urbanística nun concello ben descoñecido para aqueles que se foron da nosa vila hai 20 anos e que hoxe volven e atopan unha vila que aposta pola accesibilidade, o deseño urbano, que ten practicamente todas as rúas remodeladas, que está remodelando todos os seus equipamentos e practicamente non queda ningún por facer”.

BNG

O partido de máis respaldo na oposición é o BNG, que presenta unha candidatura totalmente nova liderada por Carmela Franco.

A líder nacionalista fundamenta a súa campaña en cinco eixos fundamentais. Primeiro, queren un Fogar Municipal para os maiores na Canle IV, con máis de 120 prazas, con creación de emprego estable e de calidade, de propiedade e xestión públicas. Buscarán o asentamento das industrias tecnolóxicas da cadea de valor das renovables e un centro de I+D+i do Almacenamento Enerxético, entre outras medidas. Queren recuperar servizos públicos como a Oficina Municipal de Información á Consumidora, as 16 prazas da Policía Local a oficina da recadación próxima, presencial e local, etc.

Finalmente apostan por uns servizos socio-sanitarios básicos, inclusivos e descentralizados e actuacións concretas para a mocidade.

PARTIDO POPULAR

Cun único concelleiro na oposición, a dirección do Partido Popular avalou a María del Carmen Dopico Rodríguez como candidata do PP. Está convencida de que As Pontes merece “reactivarse” a nivel social e económico porque está nun “momento crucial” para asentar novos proxectos e crear emprego. A candidata xustificou a súa decisión de dar un paso á fronte no feito de que “as persoas que somos das Pontes, que vivimos nas Pontes e que sentimos As Pontes como algo moi noso, dóenos moito ver a perda de oportunidades que se está producindo nos últimos anos”. Neste sentido, Dopico, comprometeuse a abrir as portas da súa formación para acoller a todas as persoas que buscan e demandan un cambio no concello”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Valentín González Formoso
2. Ana María Pena Purriños
3. Elena Lopez Seco
4. Roberto Rivera Rego
5. Antonio Alonso Román
6. María Tania Pardo Cabarcos
7. Lorena Tenreiro Blanco
8. Manuel Rodríguez López
9. Jesús Tembras Martínez
10. José Ramón Alonso Martínez
11. Lara María Bouza Fernández
12. Joel Carballeira Orjales
13. Manuela Vilaboy Romero
Suplentes
1. Andrea Cazás Chao
2. Andrea Montero Peteira
3. Roberto López López
4. Vanesa Pernas Seoane
5. Yari Pena Balsa
6. Sandra Martínez Blanco
7. María Isabel Fornos Corral

PP

1. María Carmen Dopico Rodríguez
2. Fernando Vilaboy Ledo
3. David Rivera Fernández
4. María Casal Vega
5. María Pico Garcia
6. Carlos Manuel Porto Basoa
7. Elena Tenreiro Arcos
8. Beatriz Bellas Candamil
9. Daniel Fraga Calvo
10. Vicente Cabarcos Dopico
11. María de la Luz Muñoz González
12. Lino Luaces Piñeiro
13. Jesús Manuel Pérez Corgos
Suplentes
1. Jesús Francisco Blanco Prieto
2. Berta Ruiz Garate
3. Elisa Rivera Pena
4. Ricardo Liñares Rosende
5. Ana María Anillo Perez

BNG

1. Carmela Franco Caaveiro
2. Francisco da Silva Vello
3. María Jesús Romero Franco
4. Diego Balsa Bellas
5. Emma Lamas Maceira
6. Daniel Balseiro Botana
7. María Trastoy Rego
8. Iago Foxo Bouza
9. Paula Carballo Blanco
10. Iván Alen Lopez
11. Eufemia Anidos Tembras
12. Alba García Bouza
13. Fermín Alberto Paz Lamigueiro
Suplentes
1. Iolanda Antón Ladra
2. Xosé Anxo Sánchez Tallon, Anxel
3. Ofelia Bermudez Vizcaíno
4. Alberto da Silva Castro
5. María Josefa Blanco Antelo
6. Celso Barro García
7. América Montserrat Balsa Sanjuan
8. Benito Rivas Almeida
9. María Felicita Pena Carballo
10. Ramón Gato Bañobre