Skip to main content
As Pontes

Reunión da Irmandade As Pontes Lesneven

Por 18 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

A Irmandade As Pontes- Lesneven celebra o venres  unha reunión cos socios para para explicar os pormenores do tradicional intercambio coa localidade bretoa, que este ano será do 27 de xullo ao 3 de agosto.

Esta reunión terá lugar o venres 19, ás 21.00 horas no soto da Casa Dopeso.

Ademais do encontro anual, o colectivo tratará tamén outros temas.

As Pontes e Lesneven reúnense todos os anos dende que hai 31 anos realizouse o irmandamento entre ambas as dúas localidades. Estas reunións contan cunha semana de acollemento así como cunha recepción oficial por parte das autoridades.