Skip to main content
Vilalba

Samarugo está de festas este sábado

Este sábado 6 de maio a parroquia vilalbesa de Samarugo celebra as súas festas na honra a San Xulián .

As celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa solemne con procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Compostela.

A verbena da noite contará coas actuacións da orquestra Compostela e o trío Merengue.

Dende a organización informan que o campo estará cuberto con carpa.