Skip to main content
Vilalba

A asociación Mulleres de Insua organiza unha charla sobre nutrición

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

A Asociación de Mulleres de Insua organiza a charla Aprender a ler a etiquetaxe nutricional para comer mellor, que terá lugar na Casa Escola da localidade este xoves, 25 de maio.

Esta sesión é totalmente gratuíta e pode participar calquera persoa que o desexe. A inscrición pode realizarse no teléfono 696 618 454.

Actuarán como ponentes Begoña Pintor de la Maza e María Castro Penalonga, dietistas e nutricionistas de atención primaria do Sergas.