Skip to main content
Xermade

Burgás celebra esta fin de semana as súas festas

A localidade de Burgás, en Xermade, celebra esta fin de semana as suás festas patronais na honra de Santa Eulalia e San Roque.

As celebracións arrancarán o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida de procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Escaparate. Pola noite volverá a actuar esta orquestra xunto ao trío D’Nika.

O domingo comezarán tamén con oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú, que porá o punto e final ás festas estará ao cargo do dúo Venus.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.