Skip to main content

Madame Bird será o primeiro dos grupos que actuarán esta fin de semana no Buril

Por 4 Maio, 2023Maio 5th, 2023Sin comentarios

O Buril organiza dous eventos para esta fin de semana. O primeiro terá lugar o venres, da man de Madame Bird, e o segundo o sábado con tres bandas de música rock.

A primeira banda de música amenizará a noite, a partir das 23.00 horas, con música rocksteady e black music e terá un custo de entrada de sete euros.

Con respecto ao sábado, a partir das 21.30 horas o Buril abrirá as súas portas para acoller aos grupos Sound of silence, unha banda de melodic death metal; Absalem, de progresive metal, e Aneuma, grupo de música melodic death metal.

Para estes concertos, hai que reservar entrada anticipada e pagar unha cantidade de entre 10 e 12 euros.