Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A Feira de Gando da Espiñeira, en Foz, celebrarase o domingo 18 de xuño

Por 1 Xuño, 2023Xuño 2nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Foz en colaboración co Noso Foz e a Asociación Cultural Virxe do Pilar anuncia que a Feira da Espiñeira celebrarase o domingo 18 de xuño no recinto habitual na parroquia de Vilaronte.

A feira da Espiñeira celébrase de forma habitual o terceiro domingo do mes de xuño, o anterior ao San Xoán, patrón da parroquia de Vilaronte, e que ten as súas festas nesa data, polo que a feira de gando é sempre a antesala aos festexos da parroquia.

O Concello lembra que as portas abriranse ás 10.00 horas e ás 12 horas haberá un pasacalles. A partir das 13 horas, sesión vermú con cantina e polbería e tamén inchables para os máis cativos.

Para participar será necesario anotarse antes do 10 de xuño chamando ao teléfono 658 032 019.

A feira foi recuperada no ano 1998 por parte dos veciños da Espiñeira despois de 20 anos sen celebrarse, e é moi importante para que os cativos teñan contacto coa natureza e a gandería.