Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

A parroquia de Vilamartín Pequeno de Barreiros está de festa o 16 e 17 de xuño

Por 3 Xuño, 2023Sin comentarios

A parroquia de Vilamartín Pequeno de Barreiros está de festa o 16 e 17 de xuño coas Festas na honra a San Xoán Degolado con actos relixiosos e actuacións musicais.

O venres 16 de xuño, ás 23.15 horas comezará a verbena coas orquestras Os Satélites e El Combo Dominicano. Xa o sábado 17, ás 13.15 horas celebrarase a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co grupo Lume.

Ás 15.00 horas comezará a II Festa do Requeixo e a comida popular no campo da festa. Estará servido por Pulpería Suso de Lugo.

A partir das 21.00 horas terá lugar unha churrascada gratuíta seguida dunha gran verbena co grupo Lume e o trío Rubí.