Skip to main content
Burela

O karaoke das festas de Burela retransmitirase por internet

Por 1 Xuño, 2023Sin comentarios

É a primeira vez na historia do certame que as actuacións se abren máis aló da casa de Cultura de Burela, polo que poderá ser seguido desde calquera parte da Mariña ou do mundo.

A retransmisión poderá seguirse a través das redes sociais da comisión de festas, que se encarga da organización do evento, e da delegación de Cultura do Concello de Burela.

Esta novidade permite que moita xente poida seguilo desde as súas propias casas sen necesidade de desprazarse, xa que en edicións anteriores o éxito da celebración foi tal que o aforo do adutorio de Burela completouse e moita xente non podía seguilo.

A emisión en streaming poderá seguirse tamén a través da canle de youtube arracadapro.