Skip to main content
Mondoñedo

Vicarli adquire parcelas en Mondoñedo para almacenamento e subministro de repostos para aeroxeradores e xa abonou a reserva

Por 4 Xuño, 2023Sin comentarios

A empresa Vicarli faise con terreos no polígono industrial para construír as instalacións necesarias para  almacenamento e subministro de repostos de aeroxeradores para o mantemento de parques eólicos. Ademais, a empresa xa abonou a reserva para a almacenaxe. O goberno local expresa así a súa satisfacción pola decisión adoptada por esta empresa.

En concreto, os terreos cos que se fai a citada firma industrial son os números 17 e 18. Desta maneira, materialízase o interese demostrado por dita empresa, da que no pasado mes de marzo se desprazaron a Mondoñedo José Manuel Tejada Sáenz, director xeral, e o arquitecto desta firma, Javier Lana. Os dous representantes de Vicarli mantiveron entón unha reunión co alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, coa arquitecta dos servicios municipais e o axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.

Creación de emprego

A intención da empresa é comezar en Mondoñedo cos 5 traballadores que tiña no pequeno almacén que utilizaba en Foz, e, a medida que mede o proxecto, ir incorporando persoal. Hai posibilidades de que chegue a ter 11 persoas de aquí a 3 anos.

Vicarli, situada en Huarte-Pamplona, ten dúas liñas de negocio: o transporte e a loxística. Na área do transporte, conta cunha frota de 150 camións, entre propios e externos. Pola súa banda, a actividade loxística abarca en total máis de 200.000 metros de almacén.