Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo acollerá do 30 de xuño ao 2 de xullo a décimo primeira edición do Curso de Iniciación ó Jazz e Música Moderna

Por 4 Xuño, 2023Sin comentarios

Ribadeo acollerá do 30 de xuño ao 2 de xullo a décimo primeira edición do Curso de Iniciación ó Jazz e Música Moderna organizado pola asociación Bruar.

A actividade será impartida por Hansel Díez co vento, Carmen Rey coa voz, Javier Constenla ao piano, Chus Pazos á batería e Virxilio da Silva á guitarra.

Este curso terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Ribadeo.

Para participar será necesario anotarse antes do 29 de xuño e para máis información haberá que chamar ao número de teléfono 677 734 084.