Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro celebra o Día do Mercado con varias actividades na praza de Abastos

Por 2 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro celebra o Día do Mercado 2023 con varias actividades na praza de Abastos, dentro do programa ‘Quere o teu mercado’, que tera lugar este sábado día 3 de xuño a partir das 11.00 horas.

O programa comezará cunhas actividades para os máis pequenos organizadas por Eureka ás 11.00 horas.

Seguidamente, ás 12:00 horas, terán lugar unha serie de degustacións a cargo de Alejandro Balseiro, do restaurante Nito, e de Víctor Valenzuela, do restaurante O Muro, tamén na propia praza de Abastos

Finalmente, ás 12.30 horas, terá lugar a actuación da agrupación de gaitas Bágoas da Terra, poñendo fin así á programación de ‘Quere ao teu mercado’ polo Día do Mercado.