Skip to main content
Xove

A Escola Municipal de Música de Xove ofrece un Obradoiro de iniciación musical

Por 3 Xuño, 2023Sin comentarios

A Escola Municipal de Música de Xove ofrece, de xeito gratuíto, o Obradoiro de iniciación musical, que se levará a cabo durante o mes de xuño.

Este obradoiro terá duración de catro sesións e realizaranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, en Palmeiro. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de primaria en diante que lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música.

Para inscribirse terán que cumprimentar unha folla de inscrición, e entregala presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller.

O obradoiro realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño en horario de 11.00 a 12.00 horas, finalizando a actividade coa participación conxunta no Concerto de Fin de Curso da escola de Música.