Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Entrevista: “Queremos que os nosos deportistas desfruten e atopen no noso club unha segunda familia”

Por 4 Xuño, 2023Xuño 5th, 2023Sin comentarios

O Club Natación Portamiñá Lugo nace no ano 2007 e dende entón non para de crecer e conseguir éxitos. Falamos con Fernando Timiraos, o seu presidente, sobre a historia do club e a súa filosofía de traballo.

Como son os comezos do Club Portamiñá?

O comezo do Portamiñá dunha maneira tanto deportiva como económica é no ano 2007, en setembro de 2007. Anteriormente era unha asociación deportiva/cultural formada por 20 ou 30 nadadores que non desenvolvían unha actividade deportiva plena. Foi a partir de setembro de 2007 cando decidimos collelo unha serie de persoas e refundámolo co nome de Portamiñá Lugo.

Como son os comezos do Club Portamiñá?

O comezo do Portamiñá dunha maneira tanto deportiva como económica é no ano 2007, en setembro de 2007. Anteriormente era unha asociación deportiva/cultural formada por 20 ou 30 nadadores que non desenvolvían unha actividade deportiva plena. Foi a partir de setembro de 2007 cando decidimos collelo unha serie de persoas e refundámolo co nome de Portamiñá Lugo.

Como é o proceso de crecemento desde os comezos ata agora?

Realmente nos comezos, como calquera entidade deportiva, tiñamos claro que queriamos crecer desde a base, cos poucos nadadores que había. O máis importante era empezar a contar con nenos e nenas de idades de categoría promesa, estamos a falar duns 5 anos máis ou menos para ir crecendo con eles ao mesmo tempo e levalos á categoría absoluta.

Basicamente a nosa escola nútrese dos cursos municipais de natación de nenos ou daqueles que simplemente os seus pais coñécennos, chaman e interésanse en que formen parte do club

Cantos pequenos tendes agora mesmo formando parte do club?

Debemos de ser actualmente sobre 230/240

Teñen todas as categorías?

Si, cubrimos todas as categorías desde promesa, benxamíns, alevíns, infantís, júnior e absoluta. Tamén contamos con categoría máster que noutros deportes denomínase veteranos.

Actualmente en que competicións estades participando?

Pois agora mesmo estamos a competir a nivel galego en todas as categorías e a nivel nacional en alevíns, infantís, júnior e absoluto, que son as categorías que contan con competición nacional.

Como traballades a nivel de obxectivos, por tempada?

Somos un club de competición, loxicamente adéstrase para competir, pero nós queremos que os nosos deportistas desfruten e atopen no noso club unha segunda familia e a súa segunda casa.

A planificación deportiva está enfocada sempre a cada tempada, a obter os mellores resultados posibles pero nós, a nosa filosofía como club, é que de categoría promesa a categoría infantil os adestramentos están planificados de maneira que non sexan de gran dureza nin intensidade senón que sexan formativos ao cento por cento. É dicir ata a categoría infantil van á piscina, adestran si, pero dunha maneira sosegada.

É a partir do último ano infantil cando xa empezamos a esixir un pouco máis a nivel adestramento e é aí onde cada nadador decide canto se quere implicar nos adestramentos e na intensidade dos mesmos para chegar ás metas que sexan.

De momento funciónanos porque o que queremos sempre é que cheguen a categoría absoluta e para nós realmente os gañadores son os de categoría absoluta. Esta tempada, a día de hoxe, todos os campionatos galegos que se disputaron de todas as categorías gañámolos. Creo que é un caso inédito na natación galega, que un club gañe todos os campionatos na mesma tempada e é algo moi difícil que ten tamén un compoñente de sorte pero que nos reafirma na nosa forma de traballar.

Que diferencia a natación doutros deportes?

A natación do mesmo xeito que outros deportes individuais forma aos deportistas en algo moi concreto: o sacrificio, a loita. Os nadadores, para chegar a un obxectivo teñen que investir moitas horas de adestramento, moitas horas de sacrificio e iso implica ás veces xestionar moito o teu tempo libre, tempo de estudos e implica renunciar a estar cos amigos.

Un nadador de categoría infantil adestra 6 días á semana, iso é algo impensable para outro deporte como o baloncesto ou o fútbol. Todos os deportes que se desenvolven dentro da auga son diferentes, o ser humano está neste mundo para andar, para correr, para saltar… pero a nadar teñen que ensinarnos.

Teñen algunha necesidade como club actualmente?

Nós existimos grazas ao Concello de Lugo porque a nosa actividade desenvólvese na piscina municipal de Frigsa, esta piscina que é a nosa sede de adestramentos e competicións, é unha piscina de 25 metros cun total de seis rúas.

Actualmente queren que todas as competicións nacionais se desenvolvan exclusivamente en piscinas de 50 metros pero nós adestramos en 25. A adaptación e o adestramento non é o mesmo, competir nesas circunstancias fronte a uns nadadores e equipos que adestran en piscinas de 50 metros pois é un hándicap.

Gustaríanos ter unha piscina de 50 metros pero somos conscientes dos momentos nos que vivimos e sabemos que iso é agora mesmo implanteable, pero non renunciaremos nunca a dicir que

seria o ideal. Estamos en Frigsa, non é a mellor instalación pero é a que temos e estamos encantados e agradecidos.

Algún momento ou logro que recorde de forma especial ao longo destes anos?

Durante anos conseguimos gañar moitos campionatos galegos, houbo nadadores que conseguiron medallas nos campionatos de España tanto de bronce, de prata como de ouro pero se hai un campionato que realmente no club loitamos e traballamos por el foi o que se celebrou en Lugo este novembro.

Gañamos o campionato galego absoluto por primeira vez, gañar o campionato galego en frigsa, na casa, coa bancada e a afección para nós foi realmente un momento que non esqueceremos nunca independentemente de que o volvamos a repetir.

Estamos a falar de gañar un campionato galego, un club como o noso, fronte a 35 clubs, que a maior parte deles son clubs históricos que levan 60, 70 anos e nós 15. Pasamos de non ser nada, pouco menos de ser un grupo de amigos a ser un club referente na natación galega.

Realmente ese campionato vai ser un referente para sempre polas medallas individuais, os récords galegos que temos, pero sobre todo como club ese campionato quedará no recordo.

Cal cre que é o segredo desta evolución neste 15 anos de historia?

Todo isto non é froito da sorte, isto é traballo. Traballo dos adestradores, traballo da xunta directiva e traballo dos nadadores, e conseguímolo. Temos un grupo de adestradores magnífico, xente de Lugo, xente moi implicada, xente que vive do club.

Estamos moi agradecidos ao Concello, agradecidos aos nosos patrocinadores e ás entidades que

colaboran connosco como a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.