Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Xunta Electoral recoñece un puñado de votos nulos sen que haxa cambio nos resultados

Por 3 Xuño, 2023Sin comentarios

A Xunta Electoral rematou a súa sesión maratoniana de onte sen cambios na composición da Deputación trala revisón dos máis de 1.200 votos nulos que se rexistraron nas circunscripcións de Lugo, Sarria e Becerreá.

A decisión da Xunta de facer esta revisión foi a petición do Partido Popular, que buscaba atopar os votos necesarios para provocar o cambio de color no reparto do último concelleiro.

O proceso prolongouse ata preto da medinoite, desde as 10.00 da mañá nunha sesión aberta e na que participaron os diferentes representantes dos partidos.

Finalmente foron dados por bos unha ducia de votos para o PP pero tamén un número pouco significativo de sufraxios para o PSOE, BNG, Ciudadanos e VOX. O resultado validado non ofreceu ningún cambio sobre os resultados oficiais da noite das eleccións e polo tanto a Deputación seguirá sendo bipartita cando o PSOE e o BNG revaliden o acordo de goberno co que funcionaron estes últimos catro anos e que se comprometeron a realizar.

Si se solucionaron tamén os diferentes erros atopados en mesas de Guitiriz, Castro de Rei e Friol. Polo tanto, en Guitiriz finalmente a alcaldesa Marisol Morandeira confirma a maioría absoluta.

Por outra banda, en Castro de Rei, onde outro fallo na comunicación de resultados deu un concelleiro menos ao PP de Francisco Balado, reaxusta cifras que deste xeito conta cun concelleiro máis e sobe a 9 mentres que o resto quedan 3 para o PSOE e 1 para o BNG. En Friol o único asento que non ten o PP será para o PSOE e non para o PP como se dixo nun principio, tamén por un erro na comunicación nos resultados dunha mesa.