Skip to main content
Chantada

Comeza o Sacra Festival con diversos concertos e actividades gastronómicas

Por 3 Xuño, 2023Xuño 4th, 2023Sin comentarios

Hoxe comeza o Sacra Festival, un festival de música que acollerá diferentes actuacións musicais desde esta tarde ata o domingo pola noite en diversas localizacións do Concello de Chantada e do Saviñao, como son a Igrexa de San Martiño da Cova, a Terraza Pincelo a Quinta Sacra e as Adegas Amedo.

Así, ademais dos concertos, haberá unha mostra da residencia artística Jordi Cortes, experiencias gastronómicas e catas maridadas de viño, así como unha cata de cervezas Estrella e unha cea con produtos locais o sábado.

Programa

O sábado, os concertos terán lugar nas Adegas Amedo a partir das 19.30 horas coa actuación de Marcia Vázquez, Silvia Penide, Niño de Elche, Raül Refree, Fábrica de Espejos, Bflecha e Grobas. Ademais, sobre as 21.30 horas haberá unha cata maridada no túnel do viño.

Pola súa parte, o domingo terán lugar as actividades na Aldea de Pincelo, comezando coa sesión ambiente con Fatfish ás 13.00 horas. Xa pola tarde, terá lugar a actuación de Adrián Costa ás 17.00 horas, mentres que ás 18.00 horas será a mostra da residencia artística dirixida por Jordi Cortès. Media hora máis tarde actuarán The Míticos e Cristina Pet e, por último, Mounqup.