Skip to main content
Monforte

O luns recolleranse plásticos agrícolas en Monforte e haberá que depositalos nos puntos habilitados esta fin de semana

Por 3 Xuño, 2023Sin comentarios

O vindeiro luns, 5 de xuño, vaise levar a cabo a recollida de plásticos agrícolas nas parroquias do municipio dende primeira hora da mañá e ó longo de toda a xornada. A data elixida para esta actuación coincide coa época na que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos, procedentes do ensilado de herba.

O plástico agrícola deberá depositarse dobrado e atado, para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión esta fin de semana e dende o Concello recordan que non se deberán depositar outros tipos de plásticos que non sexan agrícolas.

O custo deste servizo, contratado coa empresa XIMA, será asumido polo Concello de Monforte e arecollida realizarase en tódalas parroquias que xeran plásticos e, dende alí, trasladaranse ata o punto de reciclaxe.

Os pedáneos das diferentes parroquias foron informados hai uns días polo propio Alcalde desta recollida de plásticos agrícolas e dos lugares e a data na que se vai realizar, resultando fundamental a súa colaboración, tal e como sucedera nas anteriores recollidas, para acadar unha óptima efectividade.

Anímase así aos labregos a participar na recollida e a achegar os plásticos agrícolas aos lugares indicados que lle queden máis próximos. Por outra parte, tamén se recorda que outro xeito que se pode levar a cabo para a eliminación destes residuos agrícolas é achegalos ao Punto Limpo do Concello en calquera data do ano.

“Dende o Concello”, concluíu o Alcalde “queremos agradecer a interese dos labregos e gandeiros por eliminar correctamente este tipo de residuos e, deste xeito, contribuír ao coidado e mellora da nosa contorna ambiental. Así mesmo, agradecemos o traballo realizado polos pedáneos para difundir entre os seus veciños a existencia deste servizo”, explicou o alcalde.

Sitios onde se recollerán os plásticos

Marcelle (campo da festa), Gullade, Nocedas e Penela (saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil), Vilamarín (campo da festa), Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa), Bascós, Chavaga e Sindrán (Local Social de Bascós), Piñeira (Listo), A Parte e Valverde (Barrete Proveiros), Chao do Fabeiro (Campo da festa), Moreda, San Xoán, San Xulián e Seoane (Local social de San Xoán), Fiolleda (Carretera a Currelos) e Baamorto (Campo de Fútbol).