Skip to main content
Taboada

As eleccións en Taboada dan paso a un novo goberno de esquerdas

Por 3 Xuño, 2023Xuño 4th, 2023Sin comentarios

Ramiro Moure leva sendo alcalde do municipio taboadés desde 2009 e pode perder a gobernabilidade pola irrupción do BNG

Ramiro Moure, cabeza da lista do Partido Popular en Taboada e actual rexedor desde o ano 2009, cando tivo que asumir o cargo debido a que o seu predecesor, José Jesús Ramos Ledo, deixou o bastón de mando para exercer como delegado territorial de Educación. Así, Moure fíxose coa Alcaldía ata este ano.

Nos anteriores comicios, incluso, conseguira a maioría absoluta, con 6 concelleiros, que lle outorgou a forza para gobernar sen outros apoios máis que os do seu partido, pero este ano perdeu dous deles, quedando en 4. En votos, isto traduciuse en 655 votos en contraposición cos 889 do ano 2019.

Con respecto ao Partido Socialista en Taboada, Roi Regueira, que repetía como alcaldable socialista no municipio, acadou 643 votos, só 12 menos que o Partido Popular, polo que conseguiu os mesmos concelleiros, 4. Así, a empates pero ningún dos partidos con maioría absoluta, a decisión final será a do BNG de Taboada, que irrompeu no panorama político nestes comicios.

José Portela, candidato á Alcaldía de Taboada polo partido nacionalista, conseguiu facerse con 573 votos nestes comicios, o que lle supuxo acadar 3 concelleiros. Isto é un “resultado histórico”, sosteñen; xa que nos anteriores comicios non conseguiran ningún concelleiro cos 119 votos que tiveron.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Roi Rigueira Agromartín PSOE
  • Roberto García Vázquez PSOE
  • María José Poyán Lamela PSOE
  • Abel Fernández Rigueira PSOE
  • José Portela Gómez-Macías BNG
  • Manuel Diéguez Vázquez BNG
  • Patricia María Conde Cobas BNG
  • Ramiro Moure Ansoar PP
  • David Marey Diaz PP
  • Pedro Rodriguez Gonzalez PP
  • Isabel Carballo Valladares PP

Así, defenden que “medramos máis dun 400% e quedamos a só 4,25 % do PP e a 3,63 % do PSOE (82 e 70 votos respectivamente)”. Pola súa parte, argumentan que “na mesa do Concello fomos a primeira forza con 50 votos de vantaxe fronte a PP e PSOE”.

Por isto, rematan, “seremos decisivos para o futuro de Taboada e traballaremos polo cambio que o noso concello necesita.”.

Con estes resultados, o panorama político de Taboada podería dar un xiro de 180º ao poder sumar as forzas políticas de esquerdas, que xuntarían 4 escanos do PSOE e 3 do BNG para sumar 7, o que lles daría para sobrepasar a mayoría absoluta necesaria para gobernar nunha coalición de esquerdas que cambiaría por completo a política local.