Skip to main content
Triacastela

Triacastela reafírmase como municipio popular

Por 4 Xuño, 2023Xuño 5th, 2023Sin comentarios

Olga Iglesia Fontal repetirá como rexedora do Concello de Triacastela, que desde 2011 encadea maiorías absolutas

A actual alcaldesa de Triacastela e presidenta da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, Olga Iglesias, seguirá catro anos máis á fronte dun municipio no que hai censadas 559 persoas, das que votaron 496, un 88,72 % e menos de 500 votos repartidos en dos forzas políticas tradicionais: o Partido Popular e o Partido Socialista.

Así, os populares, guiados por Olga Iglesias, acadaron 5 concelleiros representados por 322 votos dos veciños e veciñas triacastelás.

Mentres, os socialistas de Miguel Ángel Fernández obtiveron o apoio de 155 persoas, o que lles supuxo perder un concelleiro con respecto ás eleccións de 2019 e quedar con 2, polo que ese que perderon foi para o partido popular, que gobernará con maioría absoluta ata 2017.

Olga Iglesias quixo agradecer a todos os veciños que depositaron a confianza nela e defende que traballará en tres eixos: o Camiño Francés, a política social e as infraestruturas, que “son boas e esperamos mellorar as traídas da auga dos núcleos do concello no vindeiro programa”, explica; “así como construír unha zona de solo industrial que está a piques de aprobarse”, sostivo.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • María Olga Iglesias Fontal PP
  • Bautista Arias Pombo PP
  • Oscar Fontal Caldeiro PP
  • Luis López Arias PP
  • José Manuel Gayo Fontal PP
  • Miguel Ángel Fernández López PSOE
  • Mónica Fernández Díaz PSOE

Tamén quixo facer fincapé na importancia de “potenciar a educación” tanto no colexio de Triacastela, como na Casa Niño e nas tres Casas do Maior coas que conta o municipio.

Pola parte do socialista, Miguel Ángel Fernández, que actualmente é concelleiro e que xa exerceu o cargo de alcalde do municipio durante doce anos, di que estará na oposición “para promover iniciativas como a construción dun Centro de Día, o saneamento nas parroquias e a mellora das vías de titularidade municipal, ademais de poñer ao día as contas do Concello”.