Skip to main content
O Páramo

Este domingo celébrase a I edición do Torneo da Amizade entre o Puebla Futsal e o SD O Páramo

Por 2 Xuño, 2023Xuño 3rd, 2023Sin comentarios

Os equipos de fútbol Puebla Futsal e o SD O Páramo organizan o primeiro Torneo da Amizade, que terá lugar este domingo, 4 de xuño, ás 18.00 horas no Campo Municipal ‘As Rapadas’ do Páramo.

Neste primeiro enfrontamento, no que colaboran tamén o Concello de Páramo e o Concello de Láncara, os dous equipos veciños de fútbol xogarán un partido a 90 minutos cun valor de 1.5 puntos por cada gol.

Despois do encontro, terá lugar o partido de volta en vindeiras datas, que será no pavillón da Pobra de San Xiao, en Láncara, en formato fútbol sala; conformando así un dobre enfrontamento en dúas disciplinas diferentes.