Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Todo preparado para dar comezo ao Torneo Memorial Pedro Canoa organizado pola SD Sarriana

Por 1 Xuño, 2023Xuño 2nd, 2023Sin comentarios

Mañá comeza a VIII edición do torneo memorial Pedro Canoa organizado polo equipo SD Sarriana no estadio da Ribela, que se prolongará ata o domingo incluído para xogar partidos contra diversos equipos de Lugo, Galicia e incluso de Portugal e Castela e León.

O venres, 2 de xuño, terán lugar os enfrontamentos da sección en categoría prebenxamín fútbol 8, o sábado serán os de categorías benxamín e alevín, ambas en fútbol 8, e o domingo finalizará o torneo coa categoría infantil, en fútbol 11.

Neste evento participarán máis de 20 clubs, máis de 70 equipos e máis de 800 nenos que chegan de varios puntos da xeografía. Así, algúns deles serán o AD Bosco de Ourense, a ADC A Piringalla, a ADC Sagrado Corazón, o CD Calasanz da Coruña, o CD Ceosport Lucense, o CD O Corgo, o CD Lugo, o CF Monforte, o CP Calasancio de Monforte, o CP Casás, o CP Maristas, o EF Polvorín, o Monterroso SD, o Pabellón Club Ourense e o RC Ferrol.