Skip to main content
Sarria

Este sábado a Praza de Santa Mariña de Sarria encherase de cultura de Senegal co mercado Malicounda Teranga

Por 1 Xuño, 2023Xuño 2nd, 2023Sin comentarios

Este sábado, 3 de xuño, terá lugar o II Malicounda Teranga, un mercado solidario organizado polo colectivo Hospitaleros Sin Fronteras na Praza de Santa Mariña de Sarria, onde haberá activades infantís, un mercado de artesanía senegalesa de segunda man, gastronomía de Senegal e música entre as 12.00 e as 21.00 horas.

Neste evento, entre as novidades, as persoas que se acheguen poderán degustar o Yassa Poulet, un dos platos típicos da cociña de Senegal, empanada metade galega e metade senegalesa e cacahuetes tostados en area.

Ademais, os máis pequenos poderán achegarse tamén a esta festa, xa que ás 12.00 horas terá lugar un contacontos e ás 16.00 horas haberá pintacaras e un obradoiro de máscaras e de pintura dun mural africano.

Con respecto ás actuación musicais, a primeira virá da man de Nowelin na sesión vermú, e a seguinte será a do sarriao Abraham Cupeiro, que traerá ás 17.30 horas o seu “Resoando no pasado”, na Igrexa de Santa Mariña e para o que aínda hai entradas. O día finalizará co concerto de Tandub ás 19.30 horas.

Por último, desde o colectivo Hospitaleros sin Fronteras quixeron agradecer ao CEIP Rosalía de Castro de Bóveda, xa que o seu alumnado plantou tomates solidarios que logo venderon para recadar unha doazón para os nenos talibé de Senegal e tamén fixeron pendentes, que se venderán durante o mercado solidario do sábado.