Skip to main content
Sarria

O Trío Manhattan actuará nas festas de San Esteban de Lousadela, en Sarria

Por 3 Xuño, 2023Sin comentarios

A parroquia de San Esteban de Lousadela, en Sarria, celebra as súas festas na honra de San Esteban este domingo, 4 de xuño.

Así, ás 13.00 horas haberá unha misa solemne e unha procesión, que rematará coa sesión vermú amenizada polo trío Manhattan.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas haberá unha festa que seguirá coa música do Trío Manhattan. Ademais, haberá un sorteo dun año e un premio de 500 euros.