Skip to main content
Begonte

Organizan en Begonte un taller de primeiros auxilios

Por 4 Xuño, 2023Sin comentarios

Begonte acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar lugar na casa da cultura desta localidade o 12 de xuño de 17.00 a 21.00 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crisis asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimacion cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragantamento e recoñocemento dunha PCR.

A docencia estará ao cargo de Marta Fernández López, enfermeira asistencial da Base de Lugo do 061 Galicia.

As incricións poden realizarse ata o 8 de xuño no correo deportes@concellodebegonte.es, no whasapp no 619 455 026, no teléfono 982 396 143 ou presencialmente no Concello.