Skip to main content
Cospeito

Organizan unha xornada de control de pragas en Muimenta

Por 4 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organiza unha xornada informativa sobre pragas emerxentes, que estará a cargo de Lolo Andrade , especialista en pragas, un dos maiores expertos de Galicia na loita contra a avespa asiática.

A sesión será o sábado 10 de xuño ás 10.00 horas cunha duración aproximada de 2 horas no local social do Centro Médico de Muimenta.

As inscricións teñen un prezo de 10 euros para persoas socias e 15 euros non socias e poden facerse na Mercería Teresa ata o 9 de xuño.

Falarase de como previr e controlar as novas pragas como a mosca nogueira, avelaíña buxo, psila dos cítricos, picudo das palmeiras, avespa asiática, fungos e pragas de horta e xardín.