Skip to main content
Guitiriz

A Asociación da Feira de Parga celébrase este domingo

Por 3 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asamblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios/as do Campo da Feira de Parga e da Asociación de Veciños/as da Feira de Parga terá lugar mañá domingo, día 4 de xuño, ás 19 horas (7 da tarde) en única convocatoria no local Bar Comba de Parga.

Nesta asemblea tratarse fundamentalmente sobre a polémica derivada da propiedade da praza do Vinte e Oito, onde se celebra a Feira, logo das declaracións do candidato do PP á Alcaldía.

A asociación xa explicou que “nin a actual directiva, nin as directivas que nos precederon ao longo da historia dende as sentencias xudiciais de 1928 e 1929, realizou transferencia da súa titularidade a ninguna Administración” e que tampouco se realizou ningún tipo de expropiación da propiedade por ningunha administración.

Engaden tamén que “podemos polo tanto desmentir rotundamente as insinuacións de conchaveo entre esta Directiva e a Administración Local do noso Concello.

Citaron tamén como exemplo de titularidade da Praza do Vinte e Oito, que a alcaldesa do Concello, solicitou permiso por escrito (como fan institucións, asociacións ou grupos de particulares) para celebrar na devandita Praza a Xuntanza Anual dos Maiores do pasado 27 de abril, “na que por certo tamén se atopaba José Manuel López Rodríguez”.

Ademais, na asemblea, darase conta da situación económica do exercicio 2022.