Skip to main content
Muras

Muras acolle un obradoiro artístico sobre árbores

Por 1 Xuño, 2023Sin comentarios

Muras acolle esta fin de semana un obradoiro de creatividade de balda to título Que pintan as árbores para todas as idades.

A actividade deste domingo 4 xuño ás 17 horas, na área recreativa da Veiga, consiste nun taller creativo que achega a natureza a través do gravado.

O obxectivo é aprender a xogar coas árbores dende a perspectiva artística, salientando sempre a biodiversidade. Afondarase no proxecto Qué pintan los árboles para poñelo en práctica coa creatividade.

Traballarase con madeiras locais, e daranse a coñecer as características das distintas árbores, experimentando os seus cheiros e imprimindo pegadas con tinta.

A inscrición pode facerse no concello 982 500 012 de 9 a 14 horas. Esta é recomendable pero non indispensable.