Skip to main content
Muras

Muras acolle o sábado un obradoiro gratuíto de cestería

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras, conxuntamente coa Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, organiza un obradoiro de cestería creativa. Será este sábado 10 de xuño, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 na área recreativa da Veiga.

O obxectivo do obradoiro é dar a coñecer a importancia do proceso da cestería, achegar os diversos materiais necesarios para a súa elaboración e afondar no coñecemento dun oficio artesán que forma parte da cultura tradicional. Explicaranse os fundamentos e procedementos de traballo, as nocións básicas sobre os materiais e as ferramentas que precisan. Cada asistente elaborará a súa peza ao longo do día e poderá quedar con ela.

A inscrición para esta actividade é de balde. As persoas interesadas poderán anotarse ata o venres 9 deste mesmo mes chamando ao teléfono do Concello de Muras: 982 500 012 (de 8.30 a 15.00 horas) ou de xeito presencial no edificio da casa consistorial. É un taller recomendado para o público en xeral, incluíndo nenos e nenas a partir dos 10 anos. As prazas son limitadas e asignadas respectando a orde de chamada.