Skip to main content
Palas de Rei

A festa do Carme de Carteire, en Palas de Rei, terá lugar esta fin de semana

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

A festa do Carme de Carteire, no municipio de Palas de Rei, terá lugar os días 15 e 16 de xullo. Na primeira xornada festiva haberá verbena a cargo de Ángel América.

Xa o domingo 16 ás 13.00 horas terá lugar a misa en honra á Santa e a continuación comezará a sesión vermú con As Pantoxas.

Santa María de Carteire é unha parroquia que ademais celebra as festas de Santa María que se celebran o 15 e 16 de agosto.