Skip to main content
Comarca SARRIAXA

O Incio, Triacastela e Samos acollerán a presenza da Furgoteca durante o mes de xullo

Por 6 Xullo, 2023Sin comentarios

A Furgoteca volverá a percorrer distintos concellos da comarca de Sarria estes vindeiros días de xullo para achegar aos máis pequenos e maiores a lectura de diferentes obras de contos, teatro, ensaio, cómics, música, cinema ou xogos.

Así, a primeira parada será no Incio, que a partir de mañá estará percorrendo desde as 11.00 horas o municipio. Comezará en EireXalba, onde estará ata as 11.50 horas, momento no que irá ata a parroquia de Laiosa, logo ata Penaxubeira, a continuación á Cervela e, por último, a Santa María do Mao, onde rematará o percorrido ás 15.30 horas.

A segunda parada será o día 9, domingo, que estará no Campo da Festa de Samos desde as 17.30 e ata as 20.30 horas, acompañando á festa de San Benito do Concello.

Pola súa parte, Triacastela tamén acollerá a visita da Furgoteca o vindeiro 14 de xullo, día no que comezará o seu percorrido en San Salvador de Toldaos ás 11.00 horas e despois irá pasando por Santalla de Alfoz, por Cancelo, por Viduedo, por Lamas de Viduedo e rematará na Praza do Concello de Triacastela ás 15.00 horas.

Tamén estará durante o 28 de xullo, de 11.00 a 11.30 horas e de 12:30 a 15.00 horas na Praza do Concello de Triacastela.

Con respecto a outros concellos, a Furgoteca volverá ao Concello do Incio o vindeiro 22 de xullo durante tres horas, desde as 12.30 ata as 15.00 horas, en concreto, diante do Centro Sociocultural de Santa Cruz do Incio.

Por último, o 24 de xullo, Samos acollerá de novo a presenza da Furgoteca, que percorrerá as distintas parroquias do municipio desde ás 11.00 horas. Así, comezará en Samos, irá ata San Martiño do Real, despois a San Cristovo do Real, logo a Renche, a continuación a San Cristovo de Lóuzara e, por último, rematará ás 15.00 horas en Castrocán.