Skip to main content
Begonte

Illán, en Begonte, comeza as festas cunha churrascada o domingo

Por 22 Xullo, 2023Sin comentarios

Illán, en Begonte, tamén estará de festa estes días na honra a Santiago Apóstol. Comezarán as celebracións o domingo 23 a partir das 21.30 horas cunha churrascada que estará amenizada polo dúo Venus.

O luns 24 a sesión vermú e a verbena contarán coas actuacións do grupo Punto Clave e o dúo Son de Festa.

O martes a dobre sesión musical estará ao cargo da orquestra Escaparate.

Haberá misa e procesión ás 13.30 horas tanto o luns como o martes e están programadas actividades deportivas e recreativas a partir das 18.00 horas.