Skip to main content
Deportes SARRIAXATriacastela

Triacastela acollerá unha clase gratuíta de zumba o vindeiro luns

Por 25 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O vindeiro luns, 28 de agosto, haberá unha clase gratuíta de zumba para todas as persoas interesadas en participar desta actividade.

A clase, que será a partir das 19.00 horas será impartida por unha profesora experta en zumba que converterá o mal humor da xente en alegría.

Para participar desta actividade os veciños e veciñas interesadas deberán reservar a súa praza a través do número 686 473 414 e esta será unha primeira achega ás clases que seguirán durante o curso lectivo.