Skip to main content
Lugo

Rosario Regueira presenta o seu novo libro en Lugo

Por 20 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

A librería Trama continúa coas súas presentacións de novelas e esta semana será a vez de Retrato de ida e volta, editada por Toxosoutos. Intervirán Rosario Regueira (autora) e Luz Darriba.

A presentación este xoves 21 de setembro ás 19:00 na sede da Librería Trama, na avenida da Coruña.

Dúas mulleres protagonizan Retrato de ida e volta, unha obra desta autora de Taboada que, como as anteriores, ten un fondo compromiso social.