Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A Mariña sen plástico organiza unha limpeza en Burela

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

A asociación A Mariña sen plástico, volve organizar para o domingo 15 de outubro ás 11.00 horas a limpeza na praia da Marosa de Burela.

Aconsellan levar luvas de traballo, calzado apropiado e moitas ganas porque van facer un bo labor nesta praia. Dende a organización recomendan estar 15 minutos antes do comezo.

A Mariña sen Plástico é unha asociación sen ánimo de lucro, de carácter medioambiental, que busca protexer e coidar a contorna loitando principalmente contra a contaminación provocada por plásticos. Enfócanse na creación de eventos de concienciación contra a contaminación e na divulgación de información sobre este tipo de lixo a través das redes sociais.