Skip to main content
Burela

O Concello de Burela destinará case 100.000 euros ao tecido asociativo

Por 2 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Burela destinará case 100.000 euros en subvencións a apoiar as actividades que desenvolven na vila os clubes deportivos, así como as actividades sociais e culturais.

“O noso tecido asociativo realiza unha gran tarefa, moitas veces pouco visible, e desde o concello temos que impulsar e promover as súas actividades, das que se benefician moitos veciños e veciñas”, sostén a alcaldesa de Burela, Carmela López.

Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión das citadas subvencións durante o exercicio 2023.

As bases e os prazos para presentar as solicitudes poden consultarse no BOP de Lugo de hoxe, luns 2 de outubro.