Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A praza da Mariña de Burela acollerá o 25 de novembro a Festa da Música

Por 24 Outubro, 2023Outubro 25th, 2023Sin comentarios

A praza da Mariña de Burela acollerá o vindeiro 25 de novembro a Festa da Música na que participarán unha morea de grupos e artistas, a maioría deles xa coñecidos por todos os veciños.

Así, o sábado haberá concertos e música durante toda a tarde con comida e bar para desfrutar plenamente. O xantar, que será ás 14.30 horas, consistirá en sopa d ecocido, xamón cocido, chourizos, patacas, repolo, viño do país, sobremesas caseiras, e café. Todo elo por un prezo de 20 euros adultos e 15 euros menores de 10 anos.

No evento haberá sorteos que darán os dous colaboradores, Absa, ue pon a disposición unha cesta de peixe valorada en 300 euros; e
e Pablo Penas, que obsequiará aos asistentes cun xogo de cubertería.

Nesta cita participarán AM Santo Inocencio, Banda de Gaitas Dambara, Brisas del Navia, Batuco Tabanka, Os do Vinteun, Aspebu, Fol do Raxal, Acordeonistas da Mariña, Coral Polifónica de Burela, Arume, Cordenaia, Ledicia, O Feitizo, Alex DJimmy, Espera que vou mexar, e a Escola de Música de Burela.