Os turismos do Concello da Pontenova poderán realizar unha inspección técnica do 24 ao 29 de novembro. Durante estas datas, unha unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Chousa da Veiga.
O servizo estará dispoñible de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Prestarase todos os días en horario de mañá e tarde agás o día 29, no que a atención será unicamente pola mañá.
A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias. Pódese solicitar cita previa a través do teléfono 902 309 000 ou a web www.sycit.com.
