Skip to main content
Sarria

Os Cantareiros da Unión actuarán diante da praza do Concello esta tarde

Os cantareiros da Unión de Sarria actuarán esta tarde entre as 18.00 e as 19.00 horas diante da praza do Concello co seu programa ‘Música na rúa’ e todas as persoas que desexen velos poderán facelo achegándose ao lugar.

Así, de forma gratuíta, as persoas que forman parte da asociación actuarán no espazo público coas súas mellores voces para poñer a música como o centro da actividade cultural sarriá.

Esta es outras iniciativas culturais e musicais serán desenvolvidas durante este ano por parte dos Cantareiros da Unión de Sarria.