Skip to main content
Vilalba

Modesto Renda reúnese coa veciñanza de Corvelle

Por 13 Outubro, 2023Sin comentarios

Continuando co seu programa de reunións coa veciñanza, o tenente de alcalde e responsable de infraestruturas rurais Modesto Renda convoca aos veciños e veciñas da parroquia de Corvelle a unha reunión na Escola.

O obxectivo da mesma é explicar e contrastar con eles as vindeiras actuacións do Concello na parroquia e recoller as súas demandas e suxestións.

A reunións terá lugar hoxe, venres 13, ás 20.00h á Escola.