A Banda de Música de Foz celebra o vindeiro 25 de novembro unha cea baile na sala Bahía con motivo dos seus 30 anos. Nesta cita actuarán Felipe Sánchez, Margarita Gutiérrez, Toxo Guayaba, Eventec e A Subela de Foz.
Para asistir será necesario conseguir a entrada na casa da cultura ou na escola de música antes do 18 de novembro.
O menú da cea terá sopa de peixe e carrilleiras ao viño tinto con patacas fritidas, sobremesa de milfollas, viño, auga, refrescos, café e chupito. Todo isto por un prezo de 30 euros para os adultos e os nenos de 3 a 12 anos pagarán 15 euros.
