Costafreda ofrecerá un taller de Iniciación ao sumie, unha técnica de pintura xaponesa utilizada polos monxes budistas.
Esta cita será en Xerdiz, Ourol, o vindeiro sábado 16 de decembro de 11.00 a 14.00 horas.
Para máis información e reserva de praza será necesario chamar ao 627 493 252 ou escribir a costafredarte@gmail.com.
Costafreda é unha artista multidisciplinar que actualmente imparte clases regulares de pintura xaponesa sumi-é tradicional para todos os niveis e talleres intensivos durante o ano.
