Skip to main content
Ribadeo

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo representará ‘O Quebranoces’ este venres

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo representará O Quebranoces o 1 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “este venres, 1 de decembro, a sección de Danza da EMMeD de Ribadeo porá en escena O Quebranoces, como adianto do Nadal. Será para 500 escolares de Primaria e tamén para as usuarias e usuarios do centro de día”. As sesións serán ás 10 e ás 11.30 horas.

A edil ribadense indicou que “servirá para achegar a danza a un público quizais non acostumado a este tipo de espectáculos”.

Sanjurjo engadiu: “agradecemos ao alumnado e ao profesorado da Escola de Música e Danza o esforzo para levar a cabo dúas funcións na mañá deste venres. Grazas de corazón”.