Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Monforte organiza un curso de defensa persoal pare previr situacións de violencia de xénero

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

Este martes 28 de novembro terá lugar a primeira das sesións do curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas en Monforte. Trátase dunha das propostas que a concellería de Muller e Igualdade a través do Centro de Información á Muller ten programadas dentro do conxunto de actividades que está levando a cabo nestas datas co gallo do 25.

Aínda quedan algunha praza vacante, polo que as mulleres interesadas poden inscribirse no CIM a través do número 982 416 350 para participar nas dúas sesións que se levaran a cabo no Centro Cívico Social de 16.00 a 20.00 horas este martes e o vindeiro xoves 30 de novembro.

O obxectivo da actividade é dotar as mulleres de ferramentas para a súa defensa persoal e auto capacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero, estará impartido por persoal instrutor de Fegaloita cualificado con experiencia en técnicas de intervención na violencia de xénero.

Actuar ante situacións de ameaza

O que se pretende é que sexan un instrumento de formación que comprenda un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións.

Neste sento, non se quere ensinar a pelexar, senón que se ensinar a poder escapar desas situacións ilesas ou co menor dano posible, para despois utilizar as vías legais de protección e denuncia. As técnicas han de ser sinxelas, pero ao mesmo tempo efectivas para acadar o obxectivo que se pretende, que non é outro que o de fuxir. Amosarase como utilizar obxectos cotiás como as chaves, os móbiles, os bolsos….

Trataranse aspectos legais, psicolóxicos, estratéxicos, físicos e por suposto de prevención, xa que se entende que esta última é a que pode evitar nun momento determinado que chegue a producirse a agresión. Tamén se amosará material de defensa do que se dispón hoxe en día para a autoprotección.