Skip to main content
Monforte

‘A autopista’ será representada na Casa da Cultura de Monforte este sábado

Por 22 Novembro, 2023Novembro 23rd, 2023Sin comentarios

Este sábado, 25 de novembro, o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acollerá a obra ‘A autopista’ do grupo de teatro de Chantada Argalleiras.

A partir das 20.00 horas as persoas interesadas en participar desta representación teatral poderán facelo, xa que a actividade conta con entrada libre e gratuíta dirixida a todos os públicos.

A construción dunha autopista case pegada a casa de dúas irmás, vai afectar á súa cotidianidade e á súa maneira de ver o futuro. Engádese aos conflitos a aparición dos seus antepasados que tamén opinarán sobre o futuro. E para liar o asunto, a intervención da compañía Spectrum conducirá ao cómico desenlace final que quizais non é a mellor solución aos seus problemas, pero é unha maneira de seguir adiante.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo equipo de Goberno do Concello de Monforte será Contos Arraianos da compañía Sarabela Teatro que terá lugar o xoves 30 de novembro no Edificio Multiusos ás 20.15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.