Skip to main content
Axenda SARRIAXADeportes SARRIAXASarria

Sarria acollerá o I Torneo Navidad Futsal entre os días 26 e 30 de decembro

Por 19 Novembro, 2023Sin comentarios

Sarria acollerá o I Torneo Navidad Futsal, o primeiro enfrontamento entre xogadores de fútbol sala da comarca de Sarria.

Esta iniciativa terá lugar entre o 26 e o 30 de decembro no pavillón José Mario González (O Chanto).

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 19 de decembro e o 20 terá lugar o sorteo de equipos para o enfrontamento.

Con respecto aos premios, haberá un para o mellor xogador, para o mellor porteiro, e tamén para o primeiro clasificado, para o segundo, o terceiro e o cuarto.